Malaita Sur | |
---|---|
Maramasike | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Illas Salomón |
Provincia | Malaita |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 9°33′S 161°28′L / -9.550, -161.467 |
Xeografía | |
Superficie | 480´5 km² |
Longura máxima | 54 km. |
Largura máxima | 18 km. |
Punto máis alto | 518 m. |
A illa de Malaita Sur, tamén coñecida como Pequena Malaita ou Maramasike, é unha pequena illa no extremo sur da illa de Malaita, da que está separada pola pequena pasaxe de Maramasike. A illa está na provincia de Malaita, na parte oriental das Illas Salomón.
Durante a época colonial o goberno colonial e os misioneiros dividiron a illa en tres distritos: Asimae, Asimeuri e Raroisu. Con todo, os nativos da illa prefiren identificarse tan só cos seus clans ou familias, cuxos lazos de unión son moi fortes. Estes clans gobernan a illa dividida en rexións tradicionalmente demarcadas llamdas iolas. Os habitantes da illa falan un dialecto chamado lingua sa'a. Esta lingua ten variancións de pronunciación, gramática e vocabulario dunha iola a outra. A sociedade é patriarcal, na que os homes son os cabeza de familia, clan ou tribo. As mulleres xogan un papel menos importante nesta sociedade, aínda que son igualmente respectadas.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search